Inicio

ASPAIS
ASOCIACIÓN PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES DE INTEGRACIÓN SOCIO LABORAL en Centros Especiais de Emprego

ASPAIS é unha asociación de carácter autonómico, constituido por persoas físicas ou xurídicas titulares de Centros Especiais de Emprego, que contan co seu domicilio social en Galicia ou teñen presencia na comunidad autónoma de Galicia.

Todos os socios contan con centros de traballo calificados como Centros Especiais de Emprego , e na actualidad dan traballo a máis de 800 persoas con discapacidade en Galicia.

Para ASPAIS o emprego de persoas con discapacidade é a mellor medida para garantizar a INCLUSIÓN SOCIAL. E é por iso que temos como misión mellorar o sector dos CEE, creando emprego de calidade e garantizando condicións de traballo acordes ó mercado de traballo ordinario.