ASPAIS E FUNDACIÓN MENCER APOSTAN POLO DEPORTE COMO ELEMENTO DE CAMBIO SOCIAL

Non se podía rematar o ano de mellor maneira!
Estamos moi orgullosos de poder comunicarvos que grazas ó apoio incondicional da Fundación Mencer, ASPAIS conta cun novo membro na familia.
Alex Vidal, deportista na modalidade de Taekwondo, CLASIFICADO PARA OS XOGOS PARALÍMPICOS DE TOKIO 2020 que se celebrará o próximo verán.
Dende ASPAIS-Fundación Mencer, apostamos polo deporte como elemento de cambio social. Por iso queremos axudar a Alex a acadar os seus soños, sabendo que non só representa valores tan importantes coma o traballo, o esforzo e a constancia, senon que é un enorme exemplo de superación e simbolo de inclusión e igualdade para todas aquelas persoas con discapacidade.
Deixámosvos unhas fotos da entrega do seu «Baúl de Nadal» de mans da nosa xerente da asociacion.
Gracias Alex por non dubidar nin un momento en unirte a nós!
Que gran padriño para comezar este novo ano que estamos seguros, traeranos grandes cousas.
E agora sí… FELIZ ANO NOVO A TODOS!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *