Recordos antes da chegada do Covid-19

Xornada sobre os centros especiais de emprego, en Cambados

Hoxe, lembramos unha das nosas xornadas sobre os Cee con e sen ánimo de lucro, celebrada no Concello de Cambados no verán de 2019.

Este ano 2020, poderíamos dicir que foi un dos anos máis complicados para a nosa civilización, para o ser humano. Pois a aparición do Covid-19, obrigounos a romper coas nosas rutinas, co noso día a día e ca nosa vida para unirnos en loita dunha pandemia mundial.

Por iso, non dudamos nin un momento en priorizar a seguridade de todas, rompendo coa maior parte do noso calendario para o 2020.

Pero como din os galegos, nunca choveu que non escampara. E dende ASPAIS, estamos seguros de que este ano novo será mellor có anterior. Que chegarán as apertas, os bicos, as reunións coa familia e cos amigos, e como non, recuperaremos o noso calendario, as nosas xornadas e os nosos eventos.

Como recordo do que foi e do que será este ano 2021, vos deixamos un recorte de prensa dunha das últimas xornadas feitas pola Asociación.

#voltaremos #porun2021mellor #aspais #centrosespeciaisdeemprego #discapacidade #inclusión #emprego


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *