PLAN DE IGUALDADE PARA EMPRESAS DE MÁIS DE 50 TRABALLADORES


Este mes de marzo, é un mes importante para as empresas de entre 101 a 150 persoas traballadoras. Pois segundo a  Real Decreto-ley 6/2019 de medidas urxentes para a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, este ano, estarán obrigadas a ter un Plan de Igualdade.

¿Pero qué empresas o teñen que facer? ¿E cáles son os prazos?

Se a tua empresa conta cun persoal de máis de 50 persoas traballadoras, enton deberedes elaborar e implantar un Plan de Igualdade, de acordo cos seguintes prazos:

Dende marzo 2020 Empresas de máis de 150 traballadores.
Dende marzo 2021 Empresas de máis de 100 traballadores.
Dende marzo 2022 Empresas de máis de 50 traballadores.

¿E como contabilizaremos o número de persoas traballadoras?

Teremos en conta o persoal total, sumándose todos os traballadores de cada centro de traballo independentemente do tipo de contrato (indefinido, de duración determinada, a tempo parcial ou a través de ETT). A comprobación deberémola realizar o último día dos meses de xuño ou decembro de cada ano.

Independentemente do número de persoas, o Plan de Igualdade, é obrigatorio cando o convenio colectivo así o diga, ou se existe un procedemento sancionador. Ademais diso, toda empresa estará obrigada a elaborar un rexistro salarial de valores retributivos medios.

¿Podemos facer o plan de igualdade de forma voluntaria?

Por suposto. As empresas que por lei non se atopen obrigadas a elaborar un plan de igualdade, poderán contar con él voluntariamente, coma unha acción de RSC de gran valor que mellorará asi mesmo a percepción da compañía cara a sociedade. ¿E cales son os beneficios?

  • Igualaremos as condicións e oportunidades de todo o persoal, coa consecuente mellora do ambiente de traballo.
  • Aumentaremos da productividade a través da implantación do principio de igualdade en todas as políticas da organización.
  • Evitaremos sancións.
  • Teremos vantaxe competitiva para a contratación coa Administración e con outras entidades públicas e privadas.

O marxe da elaboración dun plan de igualdade, cabe destacar, que todas as empresas están na obrigación de respetar a igualdade de trato e oportunidades tanto no ámbito laboral como social, empregando as medidas necesarias para evitar calquera tipo de discriminación de xénero.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *