
O PRINCIPIO DO FIN DOS CONTRATOS POR OBRA

Hoxe, lembramos unha das nosas xornadas sobre os Cee con e sen ánimo de lucro, celebrada no Concello de Cambados no verán de 2019.
Este ano 2020, poderíamos dicir que foi un dos anos máis complicados para a nosa civilización, para o ser humano. Pois a aparición do Covid-19, obrigounos a romper coas nosas rutinas, co noso día a día e ca nosa vida para unirnos en loita dunha pandemia mundial.
Por iso, non dudamos nin un momento en priorizar a seguridade de todas, rompendo coa maior parte do noso calendario para o 2020.
Pero como din os galegos, nunca choveu que non escampara. E dende ASPAIS, estamos seguros de que este ano novo será mellor có anterior. Que chegarán as apertas, os bicos, as reunións coa familia e cos amigos, e como non, recuperaremos o noso calendario, as nosas xornadas e os nosos eventos.
Como recordo do que foi e do que será este ano 2021, vos deixamos un recorte de prensa dunha das últimas xornadas feitas pola Asociación.
#voltaremos #porun2021mellor #aspais #centrosespeciaisdeemprego #discapacidade #inclusión #emprego
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento histórico que proclama os dereitos inalienables que corresponden a cada persoa como ser humano, independentemente da súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinión política ou doutra índole, orixe nacional ou social, posición económica, de nacemento ou calquera outra condición. Está dispoñible en máis de 500 idiomas e é o documento máis traducido do mundo.
-Eleanor Roosevelt-
ASPAIS non podía esquecerse deste día tan importante para a INCLUSIÓN deste colectivo, pois o obxectivo desde día, non é outro que o de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así coma a de concienciar sobre como afrontan as dificultades que se encontran no seu entorno social e laboral do día a día.
E que, todos coñecemos a algunha persoa con discapacidade o longo da nosa vida, pois os datos máis recentes nos din que no ano 2018, en España había case 2 millóns de persoas con discapacidade comprendidos entre os 16 e 64 anos, máis do 6% da poboación nese rango de idade.
E o curioso é que 2 de cada 3 persoas con discapacidade, toman a decisión de ni tan sequera buscar un emprego, pois non teñen esperanza de atopalo. E quizás non lle faltan razón para iso, pois no 2018 a taxa de desemprego deste colectivo era do 25,2%, fronte un 15,1 que afectaba a toda a poboación. Dato curioso ¿verdade?
Por iso, vos animamos á reflexión.
ASPAIS reúnese coa Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lourenzana e con Covadonga Toca, Secretaria Xeral co obxectivo de impulsar melloras nos Centros Especiais de Emprego.
O Presidente da Asociación Aspais, Xosé Ramón Dourado Lema, xunto coa Xerente da mesma, mantiveron un encontro coa Conselleira na que analizaron a situación dos Centros Especiais de Emprego en Galicia nun momento especialmente delicado marcado pola crise provocada polo Covid-19.
A reunión en Santiago de Compostela, tivo como obxecto, entre outros, presentar as principais liñas de actuación da asociación, creada a finais do 2018, e na que o presidente recoñece que en pouco tempo está tendo un aumento de apoios importante por parte dos centros.
Outro dos puntos que Aspais considera de vital importancia, son o apoio a tódolos Centros Especiais de Emprego, sen diferenciación de se son con ou sen ánimo de lucro. Por iso, instouse a Xunta a evitar modificacións nos criterios de apoio aos cee, xa que cambios constantes poden xerar problemas no desenvolvemento destos centros que, en xeral, fan as súas proxeccións a 5 anos.
Por último, instouse a necesidade de impulsar a formación das persoas con discapacidade, adaptadas ás necesidades do mercado laboral, de modo que se creen programas nas que se asegure unha maior competencia das persoas, pois recoñecen que en ocasións pérdense oportunidades de recuperación.
Dende Aspais, so podemos das gracias por recibirnos presencialmente, a pesar dos tempos tan difíciles que estamos a vivir e esperamos poder seguir mellorando e avanzando en prol dos Centros Especiais de Emprego, e como non, das persoas con discapacidade, considerando este último como o factor principal de defensa da nosa Asociación.
Desde ASPAIS tamén “Abrimos a porta á igualdade e a cerramos á violencia”
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Nos llegan noticias desde la Xunta de Galicia en la que nos habla de los PRESUPUESTOS para el próximo año 2021 destinados a GASTO SOCIAL, EMPLEO Y REACTIVACIÓN ECONÓMICA.
Con el finde paliar los efectos de la pandemia a causa del Covid 19, impulsar la dinamización económica y atender las necesidades de las familias, pymes y autónomos, el concejal de Hacienda y Administración Pública entregó en el Parlamento, el proyecto de Ley de Presupuestos y el de Medidas Fiscales y Administrativas.
A continuación, citamos los puntos más destacados:
#aspais #centrosespecialesdeempleo #inclusion #empregoeigualdade #GastoSocial #empleo #XuntadeGalicia