O PRINCIPIO DO FIN DOS CONTRATOS POR OBRA

Interesante nova do Xornal O PAÍS, onde nos di que o Tribunal Supremo cambia a súa doutrina e pon coto ó abuso xeneralizado da temporalidade nas subcontratas. Isto é porque ata finais do 2020, devandito Tribunal, admitía que a duración dun contrato de traballo por obra ou servizo determinado concertado por unha empresa prestadora de servizos, podíase limitar á duración da propia contrata.
Pero o pasado 29 de decembro, unha sentenza do pleno da Sala do social, conseguía modificar de raíz ese criterio.
Os sindicatos maioritarios, opinan que dita sentenza vén recoñecer unha das súas reivindicacións históricas e pon fin ó abuso xeneralizado da temporalidade nas subcontratas.
Outros expertos na materia consideran que este xiro xurisprudencial pode causar unha xeneralización dos contratos indefinidos, facendo que desaparezan os de obra e servizo, e mellorando así as condicións laborais de moitos traballadores.
Pero tamén recoñecen que o encarecemento do despedimento complicará moito as relacións laborais con respecto ás empresas subcontratistas, as cales se terán que pensar dúas veces o feito de ampliar os seus persoais.
Con todo isto, témese que haxa un imparto negativo no emprego, polo menos a curto prazo.
E ti ¿Que opinas?
#emprego #aspais #dereitos #melloras #centroespecialdeemprego #discapacidade