Centros Especiais de Emprego. A Asociación ASPAIS reúnese coa Conselleira de Emprego e Igualdade.

ASPAIS reúnese coa Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lourenzana e con Covadonga Toca, Secretaria Xeral co obxectivo de impulsar melloras nos Centros Especiais de Emprego.

Centros Especiais de Emprego. ASPAIS estreita lazos coa administración en defensa dos cee.

O Presidente da Asociación Aspais, Xosé Ramón Dourado Lema, xunto coa Xerente da mesma, mantiveron un encontro coa Conselleira na que analizaron a situación dos Centros Especiais de Emprego en Galicia nun momento especialmente delicado marcado pola crise provocada polo Covid-19.

A reunión en Santiago de Compostela, tivo como obxecto, entre outros, presentar as principais liñas de actuación da asociación, creada a finais do 2018, e na que o presidente recoñece que en pouco tempo está tendo un aumento de apoios importante por parte dos centros.

ASPAIS non entende diferencias entre os Centros Especiais de Emprego.

Outro dos puntos que Aspais considera de vital importancia, son o apoio a tódolos Centros Especiais de Emprego, sen diferenciación de se son con ou sen ánimo de lucro. Por iso, instouse a Xunta a evitar modificacións nos criterios de apoio aos cee, xa que cambios constantes poden xerar problemas no desenvolvemento destos centros que, en xeral, fan as súas proxeccións a 5 anos.

Por último, instouse a necesidade de impulsar a formación das persoas con discapacidade, adaptadas ás necesidades do mercado laboral, de modo que se creen programas nas que se asegure unha maior competencia das persoas, pois recoñecen que en ocasións pérdense oportunidades de recuperación.

Dende Aspais, so podemos das gracias por recibirnos presencialmente, a pesar dos tempos tan difíciles que estamos a vivir e esperamos poder seguir mellorando e avanzando en prol dos Centros Especiais de Emprego, e como non, das persoas con discapacidade, considerando este último como o factor principal de defensa da nosa Asociación.


Síguenos en