- 12.020,24 euros por posto de traballo creado con carácter estable, se o C.E.E supera o 90 por 100 de traballadores con discapacidade respecto ó total da súa plantilla.
- 9.015,18 euros por posto de traballo creado de carácter estable se o número de traballadores con discapacidade do C.E.E está comprendido entre o 70 por 100 e o 90 por 100 do total do persoal.
- Bonificación do 100% da cota empresarial ás Seguridade Social.
- Ata o 50% do salario mínimo interprofesional (minorado en función da porcentaxe da xornada laboral e das incapacidades temporais).
- Por adaptación de postos de traballo e eliminación das barreiras arquitectónicas.
- Para equilibrar e sanear financeiramente ós Centros Especiais de Emprego. Só se pode solicitar unha soa vez, salvo no caso de CEE sen ánimo de lucro e que sexan de utilidade pública e imprescindibles.
- Asistencia técnica gratuíta destinada ó mantemento de postos de traballo.
Tanto la cualificación de Centro Especial de Emprego, coma a xestión das distintas liñas de axuda (salvo a bonificación das cotas empresariais á Seguridade Social) están transferidas ás Comunidades Autónomas, polo que a normativa e Órganos Competentes diferirán en función da sede de traballo do Centro Especial de Emprego. Se o CEE ten centros en distintas Comunidades Autónomas, cada sede se rexera pola normativa da Comunidade Autónoma en que se halle.