¿QUÉ É A LEI XERAL DE DISCAPACIDADE?

A Lei Xeral de Discapacidade (Antiga LISMI) nos di que todas as empresas públicas e privadas españolas onde o seu persoal conste de 50 ou máis traballadores, deben dispoñer dunha cota de reserva dun 2% da plantilla a favor das persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%. O obxectivo principal desta lei, entre outros, é fomentar a integración laboral de persoas con discapacidade.
Asesoramento Lgd 2
Aínda que a LXD establece que se debe realizar o seu cumprimento mediante a inserción directa de persoal con discapacidade, en ocasións, e sempre que se consiga a declaración de excepcionalidade, as contratacións poden ser sustituídas por algunha das medidas alternativas.

CASOS EXCEPCIONAIS

Por falta de demandantes de emprego, despois de que a oficina de emprego pública certifique que a oferta foi publicada pero por falta de demanda, non foi cuberta.

Mediante un informe entregado pola empresa na que se xustifiquen certas razóns técnicas, económicas ou administrativas que establece a lei para non contratar a persoas con discapacidade.

Asesoramento Lgd Alternativas

MEDIDAS ALTERNATIVAS:

  • Contrato de un traballador autónomo con discapacidade ou dun centro especial de emprego para a prestación de servizos alleos e accesorios; ou para o aportar materias primas, maquinaria, bens de equipo etc… necesarios, todos eles para o normal desenrolo da actividade da empresa. O importe dos servizos debe ser 3 veces o IMPREM anual por casa traballador/a con discapacidade deixado de contratar por debaixo do 2%.
  • Mediante a realización dunha doazón ou acción de patrimonio de carácter monetario a favor dalgunha entidade sen ánimo de lucro de utilidade pública. Deberá ser dun importe anual mínimo de 1.5 veces o IPREM por cada traballador/a con discapacidade non contratado por debaixo do 2%.
  • A través dun enclave laboral cun centro especial de emprego por un importe anual mínimo do contrato de 3 veces o IPREM anual por cada traballador/a con discapacidade non contratado por debaixo da cota de reserva.

GLOSARIO

Figura creada pola LISMI co obxectivo de favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade, na que a diferencia das empresas ordinarias, como mínimo o 70% do seu persoal deben ser persoas con discapacidade igual o superior ó 33%. Ditos centros, realizan traballos produtivos, participando igualmente en operacións de mercado, asegurando un emprego remunerado e as prestación de axuste persoal e social necesarias para garantir a mellora das condicións das persoas con discapacidade empregadas.

Enténdese coma un contrato entre unha empresa do mercado ordinario (empresa colaboradora) e un centro especial de emprego, para a realización duns servizos que garden relación directa coa actividade normal desa empresa, mediante o cal, o persoal con discapacidade se despraza temporalmente o centro de traballo da empresa colaboradora.
A duración mínima do enclave deberá de ser de tres meses, sendo o período máximo de tres anos, prorrogables por períodos no inferiores a tres meses ata alcanzar o duración máxima.

Refírese a entidades sen ánimo de lucro cuxo fin social sexa, entre outros, a formación profesional, inserción laboral ou creación de emprego a favor das persoas con discapacidade incluídas as accións destinadas a proxectos dirixidos o desenvolvemento do deporte paralímpico.
asesoramiento glosario enlaces