• Categoría da entrada:Novas

Onte tivemos o pracer de compartir a mañá con Dani e Carla, adestradores do club e que, un día falando con eles, contáronnos que traballaban con nenos e nenas con diferentes discapacidades, o que fixo que nos interesásemos aínda máis polo seu traballo.

Por iso, despois de coñecer o importante papel que xogan na evolución dos alumnos con discapacidade que van ás súas clases, e sabendo o alto custo dos materiais de equitación, moito máis se son adaptados, a nosa Asociación ASPAIS, sempre da man de Fundación Mencer decidiron colaborar con eles mediante unha doazón para poder mercar diferentes tipos de materiais adaptados para as súas clases.

✔️ Unha cadeira de doma con tacos e asento profundo para maior suxeición dos nenos e nenas con problemas de mobilidade e equilibrio.

✔️ Estribos de seguridade e unha cabezada con rendas de asas para facilitar o seu agarre a nenos e nenas con problemas de visión.

✔️ Un cinchuelo e unha manta que se emprega en hipoterapia para traballar o ton muscular, o control postural, a coordinación motora e o equilibrio en nenos e nenas con problemas de mobilidade, coordinación, equilibrio, crecemento…

✔️  Unha cabezada con rendas de asas para facilitar o agarre.

✔️ E material de seguridade como chalecos e cascos para unha maior protección.

Deixámosvos unhas fotos de onte da nosa xerente da asociación Lua Piñeiro Devesa xunto cos adestradores e unha alumna.

Grazas a Dani e Carla por ese labor tan importante que facedes.

#discapacidade # equinoterapia # asociacionaspais # fundacionmencer

Lua Con El Entrenador Principal Del Club

Entrenadores Del Club Dl Dressage Team Con Una Alumna

Entrenador Con Silla, Tiendas Y Manto Adaptado Para Niños Con Autismo.

Alumna Con Silla Con Topes Adaptada Para Personas Con Autismo Y Discapacidad Física