• Categoría da entrada:Novas / Novidades

Aspais e a Xunta de Galicia seguen avanzando xuntas e de maneira coordinada na inserción laboral e na mellora da calidade do emprego en beneficio das persoas con discapacidade

O presidente de Aspais Economía Social, José Ramón Dourado Lema, vén de manter unha reunión coa secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, na que se que tratou a necesidade de seguir avanzando na inserción laboral e na mellora da calidade do emprego en beneficio das persoas con discapacidade. Na xuntanza tamén participou a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño Regueiro.

Dourado agradece o interese de Pérez Iglesias nos temas tratados para seguir avanzando na Economía Social en Galicia.

As representantes autonómicas aludiron ao papel de Aspais en representación do movemento asociativo da discapacidade e como socia da Rede Eusumo impulsada pola Xunta co gallo de dar visibilidade e impulso á economía social.

Nese ámbito, recordaron que Galicia está a executar a segunda Estratexia Galega de Economía Social, cun horizonte ata 2027 co obxecto de reforzar a presenza desta fórmula económica en sectores emerxentes como o tecnolóxico, o industrial ou o verde.

Aspais é a asociación de centros especiais de emprego de Galicia máis representativa en número de centros, contando na actualidade con 41 CEE asociados.

#Aspais

#EconomíaSocial

#EmpregoConDiscapacidade