• Categoría da entrada:Novas

Onte, martes 22 de abril, desenvolveuse unha reunión no Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Este encontro xuntou a Ramón Dourado Lema, presidente de ASPAIS, que representa a 34 centros especiais de emprego de Galicia, presentes en diferentes sectores produtivos e de servizos e que suman máis de 1400 persoas traballadoras con discapacidade.

A reunión tivo como obxectivo principal exploar posibles liñas específicas de soporte e financiamento dirixidas a estas empresas, co fin de fortalecer o seu impacto sociolaboral.

Durante a sesión, Natalia Barros Sánchez, directora da Oficina Económica de Galicia, expresou o seu interese en analizar e impulsar medidas que garanticen a viabilidade e desenvolvemento das empresas integradas dentro da economía social.

As dúas partes reafirmaron o seu compromiso co crecemento inclusivo e destacaron a importancia da colaboración para afrontar desafíos e oportunidades neste ámbito.

#aspais #igape #emprego #discapacidade #economíasocial