O presidente da Asociación de centros especiais de emprego de Galicia, Aspais, José Ramón Durado Lema, tivo dereito a voto grazas a ser nomeado pola Confederación de Empresarios da Coruña coma vogal representante na Asemblea Xeral Electoral da CEG.
O presidente de Aspais sinala que é un avance decisivo para a principal asociación patronal de centros especiais de emprego de Galicia, xa que por fin poden estar representadas nunha confederación empresarial as tres tipoloxías existentes en Galicia: sen ánimo de lucro, iniciativa social e con ánimo de lucro.
Tamén agradece á CEC a súa admisión como asociado e a colaboración que está prestando para que Aspais siga crecendo no ámbito empresarial galego.


