• Categoría de la entrada:Axudas

O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi do tipo eco

O procedemento de concesión das axudas será de concorrencia non competitiva, e como elementos subvencionables nos encontramos a adquisición de novos vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida, que reúnan as seguintes condicións:

a) Deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.

b) Os vehículos deberán ser adquiridos, dentro dos prazos fixados na orde.

c) En ningún caso se admitirán como subvencionables os vehículos de segunda man, nin os adquiridos a través dun contrato de

A contía total máxima asígnase inicialmente segundo o seguinte reparto, para as tres liñas obxecto de axuda, na que na liña de taxi adaptado (Eurotaxi) será de 150.000€.

Concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade
reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan
para o exercicio 2021, mediante tramitación anticipada (código de procedemento IF303A).