XUNTA DIRECTIVA
PRESIDENTE
José Ramón Dourado Lema
VICEPRESIDENTA
Adelina López Novoa
SECRETARIO
Osvaldo Fernández Pérez
TESOREIRO
Antonio Vázquez Fernández
VOGAL
Santiago Castro Eiroa
Todos os socios contan con centros de traballo calificados como Centros Especiais de Emprego , e na actualidad dan traballo a máis de 800 persoas con discapacidade en Galicia.
Para ASPAIS o emprego de persoas con discapacidade é a mellor medida para garantizar a INCLUSIÓN SOCIAL. E é por iso que temos como misión mellorar o sector dos CEE, creando emprego de calidade e garantizando condicións de traballo acordes ó mercado de traballo ordinario.
ORIXE
A nosa historia xorde da xuntanza dunha serie de Centros Especias de Emprego con e sen ánimo de lucro de Galicia por unha necesidade de representación , loita e defensa destes ante diferentes situacións xurdidas. A raíz desa necesidade nace a Asociación Aspais, co obxectivo de avanzar no recoñecemento dos dereitos das persoas con discapacidade e acadar a plena cidadanía en igualdade de dereitos e oportunidades.
ASPAIS detecta a inquietude do sector da discapacidade en canto o momento actual de cambios que están xurdindo nas políticas actuáis de emprego por parte das administracións.
MISIÓN E OBXECTIVOS
Fomentar o emprego de calidade das persoas con capacidades diferentes ou en situación de risco de exclusión social, así como a súa inclusión na actividade económica, social e empresarial.
ASPAIS propón que os C.E.E integren os principios de transparencia, reduzan a brecha salarial entre as persoas con discapacidade independentemente de que exerzan a súa profesión nun centro con ou sen ánimo de lucro, entendendo que non deben existir discapacidades de primeira o segunda categoría.
A“ aposta» de ASPAIS por chegar á PLENA INCLUSION SOCIAL dos traballadores con discapacidade a través dos CEE, debe de abrir por parte da administración autonómica a oportunidade de retomar partidas económicas eliminadas en recentes convocatorias.
TRANSPARENCIA
A Asociación disporá dun rexistro actualizado de asociados. Así mesmo, levará unha contabilidade onde quedará reflexada a imaxe do patrimonio, os resultados, a situación financieira da entidad e as actividades realizadas..