• Categoría da entrada:Novas
  • Comentarios da entrada:Sen comentarios

Hoxe é o #DíadaConvención sobre os dereitos das persoas con #discapacidade.
É unha lei que o Estados español asinou e debe cumprir.

A Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade (CDPD) é un instrumento internacional de dereitos humanos das Nacións Unidas ou Dereito internacional dos dereitos humanos destinado a protexer os dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade.

Os países asinantes teñen a obriga de promover, protexer e garantir o pleno goce dos dereitos humanos das persoas con discapacidade e garantir a plena igualdade ante a lei.

O texto foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 13 de decembro de 2006 na súa Sede en Nova York, e abriuse para a sinatura o 30 de marzo de 2007.

Tras a súa aprobación pola Asemblea Xeral, a Convención foi aberta aos 192 estados Membros para a súa ratificación e aplicación.

A Convención entraba en vigor cando fose ratificada por 20 países, o que sucedeu o 3 de maio de 2008. Conta con 164 signatarios, 94 signatarios do Protocolo Facultativo, 185 ratificacións da Convención e 100 ratificacións do Protocolo.

Trátase do primeiro instrumento amplo de dereitos humanos do século XXI e a primeira convención de dereitos humanos que se abre á sinatura das organizacións rexionais de integración.

Sinala un “cambio paradigmático” das actitudes e enfoques respecto das persoas con discapacidade.

A Convención está supervisada polo Comité de Expertos da ONU sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade

Deixa unha resposta