• Categoría da entrada:Novas


 Co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ASPAIS e a Confederación Nacional de Centros Especiales de Empleo (CONACEE) queren poñer en valor o papel que desenvolven os Centros Especiais de Emprego (CEE) coma chave para a inclusión laboral deste colectivo en España. Tratase de miles de historias de superación persoal e profesional, que teñen lugar cada día nestes centros, onde o emprego convértese nunha porta real á igualdade de oportunidades.

Actualmente, os CEE dan emprego en todo o Estado a máis de 145.000 persoas, das que máis de 122.000 son persoas con discapacidade. Esta cifra supón case o 84% de persoas traballadoras con discapacidade, moi por riba do 70% exixido por lei. En ASPAIS/CONACEE a porcentaxe é aínda maior, xa que o 90,33% das persoas traballadoras dos seus centros especiais de emprego son persoas con discapacidade . Estas cifras evidencian que o modelo de CEE está consolidado dende fai máis de catro décadas, garante emprego remunerado, estable e adaptado, contribuíndo non só á autonomía persoal, senón tamén á cohesión social e ao desenvolvemento económico.

Un impacto social e económico incuestionábel
Os CEE son moito máis que empresas: son estruturas de inclusión, que permiten a miles de persoas superar barreiras e acceder a oportunidades reais. Para moitas familias son a diferenza entre a dependencia e a integración plena na vida laboral e comunitaria.
Ademais, a súa actividade xera un impacto económico notable: Máis de 10.000 millóns de euros de produto interior bruto. Máis de 1.500 millóns de euros en retornos fiscais. Presenza en sectores esenciais como limpeza, loxística, atención social e servizos.
Neste contexto, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade deste ano chega marcado pola preocupación ante o Proxecto de Lei Integral de Impulso da Economía Social , actualmente en tramitación parlamentaria. A redacción actual exclúe do recoñecemento como entidades da economía social aos CEE de iniciativa empresarial, que representan máis do 68% do total e dan emprego a máis de 82.000 persoas, das que máis de 69.000 teñen discapacidade .

Non podemos permitir que se penalice as que máis emprego xeran para as persoas con discapacidade. A inclusión non entende de fórmulas xurídicas, senón de resultados reais”, afirma Albert Campabadal Blanco, presidente de CONACEE.

De aprobarse sen cambios, esta norma poría en risco miles de postos de traballo , reduciría a contratación futura e aumentaría o gasto público en prestacións, contradicindo os obxectivos de inclusión que busca a propia lei.

Chamamento aos lexisladores

ASPAIS e CONACEE solicitan, ante esta situación, que se manteña o recoñecemento de todos os CEE como entidades da economía social , tal e como establece a normativa vixente e recomendan os marcos europeos. A exclusión por criterios de titularidade carece de xustificación e rompe un modelo que mostrou ser eficaz, sostible e transformador .
“Protexelo é protexer a miles de persoas que, a través do emprego, atoparon un lugar dende o que construír o seu proxecto de vida”, explica Campabadal Blanco.

Por iso, neste Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a principal organización representativa de los Centros Especiales de Empleo do Estado apela á diversidade de modelos e a unidade de propósito: garantir un emprego digno para as persoas con discapacidade en todo o territorio do Estado.

Porque, mentres exista unha soa persoa con discapacidade sen acceso ao emprego, todos os CEE seguirán sendo imprescindibles.