• Categoría da entrada:Novidades

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, Aspais Galicia demanda ás distintas administracións públicas que se garanta o dereito constitucional ao traballo das persoas con discapacidade e a defensa dos seus postos de traballo en todos os CENTROS ESPECIAIS de EMPREGO!

O proxecto de Lei Integral de Impulso da Economía Social vai deixar sen traballo a 60.000 persoas traballadoras con discapacidade en todo o Estado español e a máis de 2.000 persoas en Galicia.

Aspais é a única entidade de Economía Social galega que está LOITANDO pola defensa de todos os postos de traballo de persoas con discapacidade en Galicia.