CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación das táboas salariais correspondentes ao ano 2021 do Convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego de Galicia.
Visto o texto das táboas salariais correspondentes ao ano 2021 do Convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego de Galicia, que se subscribiu con data do 7 de xullo de 2021 entre a representación de Cegasal e os representantes dos traballadores e traballadoras, pertencentes aos sindicatos UGT e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,
Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).
Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2021
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais
Acta da reunión da Comisión negociadora do Convenio colectivo autonómico
de centros especiais de emprego de Galicia
Ás 9.30 horas do día 7 de xullo de 2021, na rúa Dublín, nº 3, baixo, Santiago de Compostela, reúnese a Comisión negociadora do Convenio autonómico de centros especiais de emprego e asisten as persoas sinaladas a seguir:
Representación empresarial:
Ignacio Rodríguez Sáez (Cegasal).
Víctor Silva Suárez (Cegasal).
Naira Goicoechea (Cegasal).
Juan Acevedo (Cegasal).
Representación sindical:
Jesús Pereira Gil (CC.OO.).
Juan Loureiro Taibo (UGT).
O motivo da reunión é a actualización das táboas salariais correspondentes ao ano 2021.
Despois do oportuno debate, as partes representadas nesta comisión negociadora acordan o seguinte:
Primeiro. Aprobar o contido das táboas que se achegan, cun incremento salarial do 1,6 %, resultado da suma do IPC previsto para o ano 2021 (0,6 %) máis o 1 % previsto no convenio.
Conforme o artigo 21 do Convenio, no caso de que o IPC real do ano 2021 supere o IPC previsto máis un punto do ano 2021 (1,6 %), revisaríase a táboa salarial de 2021 aplicando o IPC real.
Segundo. Acordar que o prazo para a actualización dos atrasos se establece como máximo o 30 de setembro de 2021.
Tercero. Acórdase delegar a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación da presente acta no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais Ignacio Bouzada Gil.
E ao non ter máis asuntos que tratar, finaliza a reunión ás 10.30 horas no lugar e na data arriba sinalados, e todos os asistentes asinan a presente acta en proba de conformidade.
Ignacio Rodríguez Sáez (Cegasal).
Víctor Silva Suárez (Cegasal).
Naira Goicoechea (Cegasal).
Juan Acebedo (Cegasal).
Jesús Pereira Gil (CC.OO.).
Juan Loureiro Taibo (UGT).
Táboas salariais 2021