• Categoría da entrada:Novas

Xornada ‘Facendo máis rede 2026’

No día de hoxe, ASPAIS, Asociación de centros especiais de emprego de Galicia e entidade asociada á Rede Eusumo, estivo presente nun encontro, no que participaron arredor de 40 entidades asociadas á rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social.

Esta xornada estivo orientada a dar a coñecer as entidades socias e a informar sobre aspectos de interese para as entidades e coñecer as actividades que impulsan no marco da economía social e o emprego.

Este encontro supuxo unha oportunidade para xerar xinerxías e achegar propostas que van permitir mellorar a colaboaración en rede.

No acto estivo presente a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño Regueiro.