• Categoría da entrada:Formación / Novas

O vindeiro luns, 29 de xullo, ás 11.00 horas, Aspais organiza un seminario web que versará sobre a incapacidade permanente e o traballo.

A temática deste webinar tratará sobre a incapacidade permanente total e a extinción do contrato de traballo, a proposta lexislativa de modificación do artigo 49 do Estatuto dos Traballadores e a incompatibilidade da incapacidade permanente absoluta e a gran invalidez.

Será conducido polo xurista Alejandro Jover Antoniles, que é avogado especialista en dereito laboral e en dereito empresarial con máis de 15 anos de experiencia.

É licenciado en dereito pola Universidade de Barcelona, e ten un posgrado de práctica xurídica do Ilustre Colexio de Avogados de Barcelona .

Actualmente dirixe o departamento de asesoramento xurídico empresarial do Bufete Xurídico Jover, despacho que fundou no 2008 e que actualmente está integrado na sociedade profesional Jover & Marben Abogados.

Durante a súa carreira asesorou a un gran número de empresas, asociacións empresariais e centros especiais de emprego, sendo un recoñecido experto en materia de discapacidade e mercado protexido de traballo.

Participou como poñente en actos organizados por entidades de prestixio de FECETC (Federació Catalana de Centres especials de treball d’Iniciativa Privada), ACEEM (Asociación de centros especiales de empleo de Madrid), ACEDE (Associació catalana d’executius, directius i empresaris) e a Cámara de Comercio de Barcelona.