
Aspais xa está integrada na Confederación de Empresarios da Coruña
Esta adhesión é un paso máis para que os centros especiais de emprego de Galicia teñan maior e mellor representación no eido empresarial.
Xa son 35 CEE con centros de traballo no noso país, os que forman parte da familia da Asociación con sede en Cambados.
Sempre tendo como eixo central á persoa traballadora con discapacidade, dende Aspais trabállase pola igualdade entre traballadoras.
Esa igualdade non existe na actualidade, xa que o Convenio establece dúas táboas salariais impostas polos que din ser os únicos representantes da economía social en Galicia.
Aspais representa unha parte esencial da economía social galega e segue ampliando alianzas e acollendo novos centros especiais de emprego.

