Aspais Economía Social presenta o curso sobre solucións prácticas fronte ao absentismo nos centros especiais de emprego.
Despois do éxito de convocatoria do curso de especialización de centros especiais de emprego, a asociación de centros especiais de emprego de Galicia oferta unha nova formación sobre un asunto chave no funcionamento diario dos CEE.
Expertas na materia do absentismo laboral e na inspección do traballo darán unha visión global sobre o absentismo laboral e outra visión máis específica sobre o absentsimo nos centros especiais de emprego.
Do 28 de setembro até o 28 de outubro, en 10 sesións formativas, abordaranse todos as variables presentes no absentismo no traballo con discapacidade.
Matrícula aberta até o 25 de setembro.
Prazas limitadas.
Máis información e inscricións:
https://lnkd.in/ejDpkdpJ
Este curso está subvencionado pola Rede Eusumo na anualidade de 2026.

