O Parlamento galego foi unánime na defensa da financiación dos 137 centros especiais de emprego cualificados de Galicia.
Todos os grupos coincidiron en reclamar ao Goberno central máis fondos para garantir a viabilidade destas empresas de economía social ante a suba do Salario Mínimo Interprofesional.
Desde Aspais Economía Social, valoramos esta unidade institucional e reivindicamos un financiamento estable e suficiente para seguir promovendo un emprego de calidade para as persoas traballadoras con discapacidade.
Acordos aprobados na reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 5 de xuño do 2025
A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 5 de xuño de 2025, adoptou entres outros o seguintes acordo:
Aprobación por unanimidade sen modificacións
– 14075 (12/PNC-001377)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central co fin de lle reclamar máis fondos destinados ao financiamento dos centros especiais de emprego
BOPG n.º 115f2, do 13.11.2024
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para reclamarlle máis fondos destinados ao financiamento dos centros especiais de emprego e, así, poder sufragar os custos derivados destes, xa que as axudas se ven reducidas polo aumento do Salario Mínimo Interprofesional.”
#ASPAIS #centrosespeciaisemprego #discapacidade #economíasocial

